A BRUXA DIVERTIDA
A bruxa divertida
Alcántara, Ricardo
Gusti
Tradución: Ballesteros, Xosé
A bruxa Rosalía vive nun castelo encantado e viaxa polo mundo na súa vasoira voadora, ata que unha misteriosa voz interrompe a súa faena. Quen será?
Colección: Acartonados
Idade recomendada: A partir de 3 anos
Páxinas: 14
Dimensións: 17,5 x 22
ISBN: 978-84-1343-191-8
A bruxa divertida
Alcántara, Ricardo
Gusti
Tradución: Ballesteros, Xosé
A bruxa Rosalía vive nun castelo encantado e viaxa polo mundo na súa vasoira voadora, ata que unha misteriosa voz interrompe a súa faena. Quen será?
«A bruxa divertida» é a proba de que as nenas e os nenos teñen unha capacidade ilimitada para a imaxinación e a fantasía, para utilizar calquera material ao seu alcance no desenvolvemento dos seus propios xogos e para gozar con esa experiencia lúdica. Tras «O pequeno indio» e «O pirata valente», o tándem creativo formado por Ricardo Alcántara e Gusti presenta unha protagonista feminina audaz e curiosa cuxos encantamentos se ven interrompidos por unha misteriosa voz. O texto rítmico e rimado de Ricardo Alcántara describe a bruxa Rosalía e detalla as súas habilidades coas apócemas e os feitizos. Trátase dun relato humorístico e emocionante cuxo xiro final -inesperado e sorprendente- marca a fronteira entre a ficción e a realidade. Unha historia ideal tanto para compartila en voz alta como para iniciarse na lectura autónoma en letras maiúsculas.
As ilustracións de Gusti reforzan o dinamismo e o enxeño dos pareados con trazos áxiles que representan escenas cheas de maxia e expresividade por parte dunha simpática nena e o seu simbólico gato negro.