TARDE DE SAPO (GALEGO)
TARDE DE SAPO (GALEGO)

TARDE DE SAPO (GALEGO)

En tienda
14,00 €
Impuestos incluidos

Tarde de sapo (galego)
Mutuberria, Maite
Tradución: Rodríguez, Manuela

Unha proposta divertidísima repleta de xogos fónicos e con ritmo narrativo crecente que conduce o lector ata un inesperado final.

Colección: Demademora
Idade recomendada: A partir de 3 anos
Páxinas: 44
Dimensións: 22 x 22
ISBN: 978-84-1343-285-4

 

Tarde de sapo (galego)
Mutuberria, Maite
Tradución: Rodríguez, Manuela

Unha proposta divertidísima repleta de xogos fónicos e con ritmo narrativo crecente que conduce o lector ata un inesperado final.

Recíbenos a figura (non tan) estática dun enorme sapo que, segundo pasan as primeiras páxinas, vai quedando durmido. Un mosquito decide sacalo dese sopor zoando arredor e retándoo a pillalo, ata que recibe un certeiro bocado. Outras pequenas criaturas —o caracol, a formiga, a araña…— actúan de igual xeito e, unha a unha, o batracio —cada vez máis groso— dá boa conta delas. Así transcorre esta divertidísima historia de Maite Mutuberria, a súa primeira obra como autora e ilustradora: un texto breve que, con letra maiúscula e estrutura repetitiva, pódese gozar dende a primeira infancia. As ilustracións, sobre fondos neutros de tons suaves, sosteñen o maior peso narrativo: son animais caricaturizados, de trazos sinxelos e representados de forma humorística, con chapeus de cores.

O carácter visual, a influencia da linguaxe do cómic e o ritmo cinematográfico do relato plásmanse en aspectos como as liñas cinéticas que marcan o labiríntico voo do mosquito, a variedade de enfoques —a modo de viñetas ou primeirísimos planos que acentúan a expresividade dos personaxes— e a importancia das onomatopeas. Así, os xogos fónicos están presentes na transcrición dos diálogos, plasmando graficamente as súas calidades: o zunido do cínife a través do ceceo, a lentitude do caracol ao arrastrar as sílabas…

Un simpático insecto conseguirá que o sapo atope o feitío, non do seu zapato, senón da súa lingua. Tras este final sorprendente e hilarante, unha relectura permitiranos descubrir pistas e detalles reveladores que pasaran desapercibidos.

21KL32854
Sin comentarios
Comentarios (0)
No hay reseñas de clientes en este momento.
Producto añadido a la lista de deseos
Producto añadido para comparar.