SETE CHAVES PARA ABRIR OS SOÑOS
Sete chaves para abrir os soños
Gómez Cerdá, Alfredo
Pintor, David
Tradución: Isabel Soto
Hai autoras e autores que, ademais de escribir libros, poden chegar a cambiar a vida das súas lectoras e lectores e a se converter en mitos. Teñen un don e levan nas súas mans a chave máxica para nos adentrar no mundo dos soños máis fermosos. Sete deles habitan nestas páxinas.
''Esta obra recibiu unha axuda á edición do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte''.
Páxinas: 112
Dimensións: 15 x 23,5
ISBN: 978-84-1343-024-9
Premios : FINALISTA - PREMIO FUNDACIÓN CUATROGATOS 2021
O alumnado desa escola levaba días esperando a visita. Engalanaran os corredores con debuxos, e colocaran no vestíbulo un retrato grande do escritor que a profesora se atrevera a copiar dunha fotografía. Con enormes letras de cores conformaran unha frase ao seu redor: “Benvenuto alla nostra scuola, Gianni Rodari”… Gianni Rodari, Tomi Ungerer, Astrid Lindgren, Juan Farias, Christine Nöstlinger, Roald Dahl e Gloria Fuertes protagonizan sete relatos, un número máxico para outras tantas figuras esenciais na historia da Literatura Infantil e Xuvenil contemporánea. Esta homenaxe narrativa de Alfredo Gómez Cerdá está elaborada cos ingredientes que os propios personaxes cultivaron ao longo da súa traxectoria: fantasía e creatividade. Trala anécdota que dá lugar a cada conto transloce un labor de documentación previo que anima os lectores a afondar na biografía e na obra destas autoras e autores. Ata o punto de que se difumina a fronteira entre realidade e ficción, como se estes episodios puidesen formar parte da súa vida e mesmo explicaran dalgún xeito a súa vocación literaria.